As comunidades de montes do Val Miñor apoian o parque eólico

. 31 de dezembro de 2007
0 comentarios

As comunidades de montes do Val Miñor son as únicas entidades da comarca que apoian a instalación dun parque eólico na Sierra da Groba. O proxecto da empresa Eurovento para investir 60 millóns de euros na creación de 21 muíños atopou a oposición de todas entidades da comarca, excepto de quen se beneficiarán directamente pola cesión dos terreos. Continúa na Voz de Galicia


Presidente da Mancomunidade de Montes, Latino Rodríguez








Vía > ValMiñor

Dificultades para ver o partido Galiza-Camerún

. 29 de dezembro de 2007
0 comentarios

Por razóns que desde OC descoñecemos o repetidor de Mougás deixou de emitir a hora que debia comezar o partido Galiza-Camerún que se xogou o pasado 27 de decembro no estadio de Balaídos. O repetidor de Mougás deixou de funcionar e ainda non se saben as causas, e os seareiros das zonas altas de Mougás e Viladesuso viron con moitas dificultades o terceiro partido da selección nacional galega.

Coa proxección de tres películas vivirase a última fin de semana cultural do ano

.
0 comentarios

Dentro da programación de Cinemas Dixitais, na última fin de semana do ano, proxectaranse tres películas en Oia. A primeira, hoxe mesmo en Mougás, ás 20h00, "Secuestrado en Xeorxia".
A programación continuará o vindeiro domingo día 30, coa proxección en Loureza de "Máis ca irmáns" ás 16h00 e "Sara", ás 18h00 en Loureza.
Sinopse
Secuestrados en Xeorxia
Francisco e José Manuel, dous empresarios españois, viaxan a Xeorxia coa intención de comprar unha xoia que en España revenderán a un prezo alto. O intermediario do negocio é Carlos, socio de Francisco en Xeorxía. Mais as cousas non saen como agardaban. A Francisco e a José Manuel secuéstranos un grupo de guerrilleiros que, en realidade, son cómplices de Carlos. El pretende levar unha parte do rescate que pagarán as familias dos secuestrados. Historia baseada en feitos reais
Máis ca irmáns
A historia real dos chamados "irmáns de Cambre", un home e unha muller que formaron parella sen saber que eran irmáns. A súa situación supuxo un dos primeiros precedentes para o recoñecemento legal das parellas de feito, debido á repercusión social e mediática que tivo o caso. Rodado en localizacións de Barcelona e Cambre, Arteixo, a Fraga de Cecebre, entre outras.
Sara
A trama principal do filme transcorre entre unha parella de alto nivel social e económico na que a muller sofre malos tratos psíquicos e físicos. Sara (Laura Conejero) está casada con Daniel (Manuel Barceló) un profesor da Universidade que ao atoparse coa presión de obter a súa Cátedra en estudios medievais comeza a maltratala. Sara pertence a unha clase social acomodada na que ese tipo de circunstancias ocúltanse tralas aparencias, e así ela vive o seu drama en silencio.

A Axencia Audiovisual Galega e a consellaría de Cultura queren, deste xeito, achegar o cine ás vilas que non contan con salas comerciais, promover as producións audiovisuais galegas e contribuír a estabilizar unha programación audiovisual nos concellos do país.

Vía > Inforosal

Presentación do libro “Lembrando a un home que asubiaba”

. 27 de dezembro de 2007
0 comentarios

Dende o pasado 22 de decembro e ata o domingo día 30, dentro da semana cultural de Mougás, estanse desenvolvendo unha morea de actividades para tódolos públicos. Entre elas, o vindeiro sábado ás 18:00 a “Comisión para a homenaxe a Manuel Fernández Trigo” presentará no Centro Cultural de Mougás o libro sobre a vida do noso amigo Manolo titulado “Lembrando a un home que asubiaba”. Dito libro foi escrito por D. Remixio Nieto, contando coa colaboración de familiares a amizades.
Manolo era axente forestal do Distrito XVIII, e no momento de falecer, hai xa algo mais dun ano, era o Presidente da Comunidade de Montes de Mougás e da Mancomunidade de Montes de Oia. Ao citado acto, ademais de familiares, compañeiros de traballo, amigos e representantes das Comunidades de Montes da Mancomunidade de Oia, tamén asistiran representantes de varios colexios das comarcas do Val Miñor e o Baixo Miño, nos que Manolo desenvolvera un gran labor de divulgación e difusión da natureza mediante charlas informativas, exposicións ou participación en plantacións.

Nace Oia Ceive

. 25 de dezembro de 2007
2 comentarios

Nace Oia Ceive, o único blog no que podes opinar sobre o que acontece no teu concello. Esta bitácora publicara TODAS as novas sobre o Concello de Oia e faremos o esforzo de estar ao día de todolos temas de actualidade.

Opinar será libre e baixo o compromiso de facelo con argumentos serios, nunca insultar nen facer comentarios referidos a privacidade das persoas.