Presentación do libro “Lembrando a un home que asubiaba”

. 27 de dezembro de 2007

Dende o pasado 22 de decembro e ata o domingo día 30, dentro da semana cultural de Mougás, estanse desenvolvendo unha morea de actividades para tódolos públicos. Entre elas, o vindeiro sábado ás 18:00 a “Comisión para a homenaxe a Manuel Fernández Trigo” presentará no Centro Cultural de Mougás o libro sobre a vida do noso amigo Manolo titulado “Lembrando a un home que asubiaba”. Dito libro foi escrito por D. Remixio Nieto, contando coa colaboración de familiares a amizades.
Manolo era axente forestal do Distrito XVIII, e no momento de falecer, hai xa algo mais dun ano, era o Presidente da Comunidade de Montes de Mougás e da Mancomunidade de Montes de Oia. Ao citado acto, ademais de familiares, compañeiros de traballo, amigos e representantes das Comunidades de Montes da Mancomunidade de Oia, tamén asistiran representantes de varios colexios das comarcas do Val Miñor e o Baixo Miño, nos que Manolo desenvolvera un gran labor de divulgación e difusión da natureza mediante charlas informativas, exposicións ou participación en plantacións.