Nace Oia Ceive

. 25 de dezembro de 2007

Nace Oia Ceive, o único blog no que podes opinar sobre o que acontece no teu concello. Esta bitácora publicara TODAS as novas sobre o Concello de Oia e faremos o esforzo de estar ao día de todolos temas de actualidade.

Opinar será libre e baixo o compromiso de facelo con argumentos serios, nunca insultar nen facer comentarios referidos a privacidade das persoas.

2 comentarios:

Anônimo disse...

Noraboa polo novo foro. Sempre é interesante que se poida comentar/debatir acerca do que acontece no concello, ademais de ser unha ferramenta útil para enterarse un poco do día a día.
Longo éxtio, pois, para este recén nacido foro.
Saudiña para todos/as

Anônimo disse...

Presentación do libro “Lembrando a un home que asubiaba”.

Dende o pasado 22 de decembro e ata o domingo día 30, dentro da semana cultural de Mougás, estanse desenvolvendo unha morea de actividades para tódolos públicos. Entre elas, o vindeiro sábado ás 18:00 a “Comisión para a homenaxe a Manuel Fernández Trigo” presentará no Centro Cultural de Mougás o libro sobre a vida do noso amigo Manolo titulado “Lembrando a un home que asubiaba”. Dito libro foi escrito por D. Remixio Nieto, contando coa colaboración de familiares a amizades.
Manolo era axente forestal do Distrito XVIII, e no momento de falecer, hai xa algo mais dun ano, era o Presidente da Comunidade de Montes de Mougás e da Mancomunidade de Montes de Oia. Ao citado acto, ademais de familiares, compañeiros de traballo, amigos e representantes das Comunidades de Montes da Mancomunidade de Oia, tamén asistiran representantes de varios colexios das comarcas do Val Miñor e o Baixo Miño, nos que Manolo desenvolvera un gran labor de divulgación e difusión da natureza mediante charlas informativas, exposicións ou participación en plantacións.