O grupo municipal socialista de Oia denuncia a situación de endebedamento do concello

. 5 de setembro de 2008

A corporación do concello de Oia reúnese hoxe nun pleno cuxa orde do día é a aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito por un importe de 220.270,67 euros. Algo que xa se fixo en xaneiro por unha cantidade de 120.000 euros.

O Grupo Municipal Socialista denuncia a situación de endebedamento que atravesa o concello, que obriga ao goberno local a manterse a base do recurso extraxudicial de crédito, algo que os socialistas cren que «é un recurso para situacións excepcionais». Ademais, critican que se utilice este diñeiro para pagar comidas, se se esgota o orzamento «que llas pague cada un do seu peto».

Vía > A Voz