A boa xestión do Concello de Tomiño recupera unha ponte destruida polas riadas

. 30 de abril de 2008
0 comentarios

En contraposición o que acontece en Oia, en Tomiño grazas a unha boa xestión do goberno municipal conseguiron a aprobación dun convenio coa Consellería de Medio Rural relativo ás obras da ponte das Furnias sobre o río Cereixo, que esta consellería asumirá con cargo ó seu orzamento, dentro do Programa de Infraestructuras Rurais no ano 2008. O comezo das obras, cun custe de máis de 123.000 euros, está supeditado á firma do correspondente convenio de cooperación.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, comentou que a realización desta obra era algo que viñan reclamando moitos veciños, despois de que no ano 2006 as riadas destruíran a ponte existente.

Namentres en Oia non se presentan proxectos e optase pola confrontación e polo victímismo populista.

Vía> A Peneira

O BNG do Baixo Miño e Vigo instan á Medio Ambiente a garantir a defensa da Serra da Groba

.
0 comentarios

Os Consellos Comarcais do Baixo Miño e Vigo instan á Consellaria de Medio Ambiente a que o seu informe sexa o máis riguroso posible cara a garantir a protección natural da Serra da Groba.

O proxecto de instalación do Parque Eólico Albariño I, que afecta aos concellos de Gondomar, Oia, Tomiño e moi especialmente ao de Baiona, enmárcase dentro das actuacións promovidas polo plano eólico do anterior goberno da Xunta de Galiza que no seu decreto 302/2001 regulaba o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galiza.

O devandito plano eólico demostrouse un exemplo significativo dun xeito de proceder pensado exclusivamente para beneficiar ás empresas, sen establecer mecanismos de control que permitiran avaliar rigurosamente a necesidade das actuacións propostas ou o impacto que xerarían sobre o entorno. Deste xeito permitiuse a implantación de muíños xeradores en lugares especialmente delicados polo seu valor medioambiental, cultural, patrimonial e paisaxístico, sen adoptar ningunha medida encamiñada a minimizar ou corrixir o impacto.

Ante esta situación, o BNG apoia os esforzos que desde a Consellería de Innovación e Industria se están a facer, na súa aposta por un modelo eólico pensado nos intereses de todos os galegos e galegas e respectuoso co noso medio natural que permite corrixir as grandes eivas do anterior e que ten en conta as necesidades reais de consumo enerxético e de desenvolvemento económico de Galiza.

Igualmente desde o BNG pidese á Consellaría de Medio Ambiente que sexa o máis rigurosa posible á hora de elaborar os informes que se refiren aos parques que foron autorizados dentro do modelo eólico do anterior goberno do PP e que están a ser construidos na actualidade.

Vía > InfoRosal

Oia subira os impostos para reduci-la débeda municipal

. 27 de abril de 2008
0 comentarios

O grupo municipal socialista, a través do seu voceiro, José Antonio Olmedo, denuncia a subida de impostos como consecuencia da mala xestión económica do goberno local. Sinala que este ano aplicara unha importante suba para reducir a notabel débeda non recoñecida resultante da conta xeral do orzamento do 2007.

Declara que a débeda non recoñecida procede fundamentalmente de facturas do pasado exercicio e é por contía superior ao importe dos creditos autorizados e tamén pola presentación de facturas no rexistro xeral durante 2008, que habera que pagar máis facturas polo recoñecemento extraxudicial de créditos.

Olmedo apunta que o recibo do lixo pasa de 36 a 42 euros e as licenzas urbanísticas, do 2 ao 4,8 e suben varias taxas. Adiciona que haberá que consignar unha dotación para as tres prazas de funcionarios vacantes: "O sintomático é que tres cargos políticos con adicación superen aos dous funcionarios."

Vía > Faro de Vigo

Aproveitamento da masa forestal no Val Miñor

. 25 de abril de 2008
0 comentarios

Charla do presidente das comunidades de montes de Galiza, no centro cultural de Mougás, como culminación do ciclo de charlas informativas ofrecidas durante marzo e abril.
No centro cultural de Mougás disertarán o sábado, Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, e Alfredo López, director do proxecto de aproveitamento da biomasa forestal no Val Miñor.
Parques eólicos, incendios forestais e prenvención, historia, a multifuncionalidade dos montes e o programa Leader ocuparon o temario de este ciclo, con intervención de especialistas nas materias abordadas.

Vía > Faro de Vigo

OIACEIVE renovase

. 22 de abril de 2008
0 comentarios

Desde Blogger fixeron algúns cambios, que afectaron a noso anterior deseño de OC, ditos cambios facian que OC non se visualizase ben no explorador, para solucionar este problema decidimos cambiar de deseño e aproveitar para facer algunhas melloras que desde o noso punto de vista facilitan a navegación por OC, esperamos estas que sexan do voso agrado.

O vento acada os 150 quilómetros por hora en Oia

. 18 de abril de 2008
0 comentarios

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Verdegaia solicita a inclusión da Serra da Groba na Rede Natura 2000

. 16 de abril de 2008
0 comentarios

Verdegaia vén de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a inclusión da Serra da Groba na Rede Natura 2000 co apoio doutros once colectivos: ADEGA, ASCEL, Ecologistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, Greenpeace España, Grupo de anelamento Anduriña, Matar por Matar Non, Salvemos Monteferro, SOS-A Groba e Syme.

A Serra da Groba actualmente non conta con ningunha figura de protección pese a contar con numerosos e importantes valores naturais que a fan merecedora de ser incluída na Rede Natura 2000. Entre os motivos alegados para solicitar que pase a formar parte desta rede europea de espazos protexidos son os elevados valores faunísticos, botánicos, xeolóxicos e arquelóxico-etnográficos cos que conta esta serra. O L.I.C. Serra da Groba constaría de seis zonas unidas por corredores naturais. Estas zonas correspóndense con áreas da serra da Groba con especial valor ambiental, onde á presenza de hábitats de interese comunitario úneselle a existencia de hábitats calificados como prioritarios, e a de especies animais e vexetais de especial valor. Na nosa proposta consideramos unha área de protección en torno a estes espazos para evitar que se acaben por converter en illas rodeadas dun entorno grandemente alterado. As comunidades vexetais de protección prioritaria que encontramos na serra da Groba, ademais, desenvólvense arredor de humedais, altamente sensíbeis a alteracións de orixe antrópica. Identificadas as zonas de maior valor ecolóxico, procuramos que non se rompera a continuidade entre as mesmas, estabelecendo no seu caso corredores naturais. Estes corredores coinciden coas áreas máis elevadas da serra, fuxindo na medida do posíbel das zonas máis degradadas a nivel ecolóxico, como é o caso dos monocultivos de eucalipto.

Vía > Vieiros

Morre un mozo ao estrelarse o seu coche contra unha casa en Oia

. 11 de abril de 2008
0 comentarios

Tráxico e aparatoso accidente no municipio pontevedrés de Oia. Un mozo vigués de 20 anos faleceu ao estrelarse o coche que conducía contra un muro e o soportal de entrada dunha vivenda. O copiloto, de 22 anos, resultou ferido grave.
O sinistro ocorreu ao redor das once e media da noite do xoves cerca do concello. O mozo Pablo Malde Pazos, que residía na zona do Paseo de Afonso e que se sacou o carné recentemente, conducía un Peugeot 206 pola PO-552, en dirección a Baiona, cando o turismo saíuse da vía pola marxe esquerda e encaixouse contra o soportal. Debido ao choque, as dúas columnas e a cuberta do portal viñeron abaixo. Parte do formigón caeu sobre o coche, o que obrigou a membros do Grumir da Guarda a excarcerar ao copiloto, Iago Álvarez Feijó, de 22 anos, que resultou grave e foi trasladado á clínica Fátima.
O condutor foi trasladado aínda con vida ao centro de saúde da Guarda, pero faleceu. É a segunda vez en apenas uns meses que un turismo encáixase contra ese soportal.

Via> Faro de Vigo


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Conferencia sobre o Plan acuícola da XUNTA

. 10 de abril de 2008
0 comentarios

O vindeiro sábado día 12 de abril ás 19:00 h, vaise celebrar no Centro Cultural de Mougás unha conferencia sobre a problemática xurdida polo "Plan Acuícola da Xunta de Galicia", centrada na ampliación da planta que ten Pescanova no lugar de "As Mariñas" (Parroquia de Mougás) e na planta de nova construcción proxectada para o lugar de "As Orelludas" (Parroquia de Pedornes). En dita conferencia abordaranse distintos aspectos relacionados coas afeccións ambientais de ámbolos proxectos (tanto a nivel paisaxístico, como nas augas mariñas ou posibles repercusións a nivel pesqueiro). Ademais, reflexionarase acerca das escasas repercusións socioeconómicas para a bisbarra. Estes son algúns dos argumentos esgrimidos para rexeitar ditos proxectos pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), cuxo Secretario Executivo, Fins Eirexas Santamaría, será o encargado de impartir a conferencia.

Relacionado: A realidade das piscifatorías, segundo o programa Biosfera da RTP

Localizan cinco golfiños mortos na franxa costeira entre Baiona e Oia

. 9 de abril de 2008
0 comentarios

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) constatou onte a aparición nos últimos días de cinco golfiños mortos na costa miñorana. Os exemplares, localizados no litoral de Oia e Baiona, presentaban signos externos de ser vítimas de capturas accidentais pola actividade pesqueira.
O estado en que se atoparon fai pensar aos especialistas que algúns deles levaban bastante tempo mortos ata que o efecto das correntes os arrastrou a terra. Un deles foi recuperado coa axuda da Confraría de Pescadores de Baiona.
Alfredo López, presidente de Cemma, asegurou que os cambios na dirección das correntes converten esta época do ano no momento en que, tradicionalmente, se producen máis varamentos en Galiza. Con todo, advertiu, que o número de animais mortos duplicouse nos últimos anos. "Se nos 90 a media era dun centenar de animais varados, nestes momentos rolda os 200 e, nalgunha ocasión, rexistráronse ata 250", explicou.
Os exemplares de golfiño común, como os que se atoparon nos últimos días no litoral miñorano, teñen o seu hábitat natural na plataforma continental galega. Por iso caen apresadas con frecuencia nas redes de pesca, que se converten na principal ameaza externa para a súa supervivencia e a das outras dezanove especies de cetáceos que conviven nas costas galegas.
Aínda que existen outras causas ás que se pode achacar a morte destes mamíferos mariños, como enfermidades ou infeccións, explicou Alfredo López, a que se detecta con máis frecuencia nos animais varados é a captura por accidente.
O presidente do Cemma indicou que na maioría destes casos os animais "son devoltos ao mar polos pescadores", posto que "a situación da faena a bordo impídelles trasladalos a terra" para a súa análise por parte de persoal cualificado. Neste sentido recorda que unha simple chamada ao 112 pon en marcha o operativo de recuperación destas especie protexidas.
En todo caso, recordou que Cemma realiza labores de asistencia e recuperación de fauna mariña en toda Galiza a través dun convenio subscrito coa Consellería de Medio Ambiente. Para iso creouse unha rede de varamentos na que tamén colabora Protección Civil, xunto a outras institucións.

Vía > Faro de Vigo

Os nenos e nenas da Galescola de Oia aprenden a importancia de coidar a auga

. 8 de abril de 2008
0 comentarios

A Asemblea Xeral da ONU declarou o Ano 2008, Ano Internacional do Saneamento. Polo tanto, o Día Mundial da Auga 2008, que se celebrou este ano o xoves 20 de marzo, fixo énfasis nas cuestións relacionadas co saneamento. A Galescola de Oia decidiu contribuír tamén a concienciar aos/ás alumnos/as da importancia que ten coidar a auga.
Así na asemblea falouse da mellor maneira de conservala, dos seus diferentes estadíos, do seu sabor e cor e da súa utilidade (regar, beber, lavar, etc.).
O seguinte foi un traballo por recantos, onde os/as nenos/as experimentaron, manipularon e gozaron coa auga e Ao final dos obradoiros, en vez de tirala, botouse a auga nos caldeiros da limpeza para utilizala para limpar o chan.
En diversos recantos da escola as crianzas puideron experimentar coa auga, nun deles púxose auga fría, morna e xeo; os/as nenos/as metían as súas mans e contaban ás persoas educadoras o que sentían, mentres que noutro recanto probaron a facer burbullas.
Por outra parte, na mesa de auga era posible investigar con diferentes materiais e descubrir que algúns flotan, como a esponxa e a madeira, e outros afúndense, como as pedras e a plastilina, e, mediante a utilización das novas tecnoloxías os nenos e nenas tiveron a ocasión de visualizar un conto interactivo sobre o ciclo da auga.
Ademais, realizouse un pequeno experimento na aula. A auga é transparente pero é posible darlle cor. Neste caso con papel crespón de cor azul, os/as nenos/as quedaron abraiados/as vendo a trasformación que sufría a auga en canto lle botabamos os anacos de papel.

Fonte: Galescola de Oia

Vía > InfoRosal

Mougás volveu a promocionar do ourizo de mar

. 7 de abril de 2008
0 comentarios

Unha carpa instalada no porto de Mougás acolleu onte a quinta edición da Festa do Ourizo, unha celebración gastronómica coa que a asociación de veciños pretende exaltar un dos mellores produtos que ofrece o océano neste punto da costa baixo miñota.
Mil quilos de ourizo foron insuficientes para saciar o apetito e, sobre todo, a curiosidade das numerosas persoas que se achegaron a esta parroquia do municipio de Oia para degustar este froito do mar, que se serviu en cru, pero tamén con distintas preparacións (asado, cocido, en revolto e en empanada) e acompañado de pan de millo e viño do país.
O penetrante cheiro a mar do produto empezou estenderse ao redor das once da mañá, hora á que se iniciaron os festexos que, xunto ao prato "estrela", tivo como protagonista á música e folclore tradicional.
Ata tres grupos de gaitas da comarca puideron escoitar os comensais que se achegaron ao porto de Mougás ao mediodía. Pola tarde, a partir das 16.00 horas, actuou o grupo de baile popular Tralo Mosteiro.

Vía > Faro de Vigo

Santa María de Oia pon o día o seu retablo tras tres meses de restauración

. 4 de abril de 2008
0 comentarios

Dezaoito anos despois do último tratamento, onte concluiron os traballos de restauración do altar maior da igrexa parroquial de Oia. A empresa Acanto, que adicou seis expertos a esta tarea, carpinteiros e pintores, cumpriu o prazo previsto de tres meses, a espera da visita de Patrimonio para inspeccionar o realizado e, se acaso, subvencionar tamén a restauración do retablo lateral de San Miguel.
Xunta (17.000 euros), Concello (113.145) e parroquia de Santa María sufragan o gasto da operación levada a cabo para recuperar o retablo renacentista e barroco, moi danado polas humidades e pola salitre, non así as policromías.
A labor centrouse en consolidar estruturas, moi danadas e que perderan os anclaxes de ferro ante o avance do óxido. Foron sustituídos 41, ahora de aluminio. Retiráronse terras tras o retablo, onde hai oco pasadizo para admirar restos románicos e por onde se apea a Virxe en datas sinaladas.

Vía > Faro de Vigo

O ADSL rural navega dez veces máis lento que o de cidade

. 2 de abril de 2008
0 comentarios

Os internautas que se conectan desde o campo con ADSL rural navegan dez veces máis lento que os usuarios que dispoñen de ADSL nas zonas urbanas, segundo un estudo que fixo o portal de Internet ADSLzone sobre a velocidade deste servizo.

O estudo baseado en 18.000 usuarios con ADSL rural obtén un resultado dunha velocidade media de 296 kilobits, un 57,8% do que promete Telefónica, segundo devandito portal.

O servizo de ADSL rural básico de 512 kilobits, asociado ao programa de extensión da banda ancha en zonas rurais e illadas do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio conta con 60.000 abonados en España.

A rebaixa que anunciou recentemente a Comisión de Mercado das Telecomunicacións no prezo almacenista do ADSL que Telefónica cobra aos seus rivais, pretende diminuír a fenda dixital entre o campo e a cidade.

O proxecto cofinanciado polos Fondos Feder para acabar coa fenda dixital en comunidades como Galicia, Andalucía, Asturias, Canarias, Castela e León, Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana ou a Rexión de Murcia, pretende ademais facilitar un acceso a Internet de calidade. Pero de face a este ano, os obxectivos das diferentes administracións céntranse no impulso definitivo da sociedade da información: o Goberno e as Comunidades Autónomas deberán conseguir antes do próximo 31 de decembro a cobertura de servizo universal de banda ancha en todo o Estado.

Vía > A Voz de Galicia

A Sobreira do Faro, en Viladesuso, será o primeiro espazo privado de interese natural

.
0 comentarios

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Cruz Vermella Mocidade lanza na Guarda e Oia unha campaña de Promoción de Hábitos Alimentarios saudables para a poboación infantil

.
0 comentarios

O pasado 26 de marzo iniciabase en Oia e A Guarda a campaña sobre promoción de hábitos alimentarios saudables que o equipo de Cruz Vermella Mocidade ten previsto levar cos grupos de Mediación social do CEIP Mestre Manuel García (Oia) e cos asistentes ao Taller de Mediación Social da Guarda.
En concreto desenvolverase todos os Luns e Mércores de 16:30h a 18:30h e estenderase ata finais do mes de Abril co grupo de nenos e nenas que habitualmente participan nas actividades.
Os obxectivos da campaña perseguen principalmente previr na poboación infantil a aparición de enfermidades e trastornos relacionados coa nutrición, así como ofrecer información sobre os diferentes aspectos que integran as condutas alimentarias saudables: compoñentes dunha dieta, frecuencia de inxesta, duración, formas para comer, medidas de hixiene, alimentación e deporte...
A iniciativa diríxese á poboación infantil con idades comprendidas entre os 6 aos 9 anos e será impartida por un equipo de voluntariado da Institución que previamente participaron na formación específica.
A Campaña Promoción de Hábitos Alimentarios Saudables con Poboación Infantil enmárcase no Programa de Promoción e Educación para a Saúde de Cruz Vermella Mocidade, cuxo obxectivo prioritario é o desenvolver no conxunto da poboación, hábitos capaces de modificar os comportamentos insanos ou perigosos para a saúde, recorrendo a estratexias de aprendizaxe e adquisición de condutas.
A relevancia social alcanzada pola alimentación e a nutrición e a súa relación coa saúde, fan que CVX, desde a súa posición de sección xuvenil preocupada polo adecuado desenvolvemento e benestar da infancia e a mocidade, considere necesario actuar neste campo co colectivo infantil.
A campaña conta co financiamento de Kraff Foods e para a cal editáronse unha serie de materiais específicos.
Esta iniciativa vaise a levar a cabo en 25 provincias do Estado.

Vía > InfoRosal

Tomiño, Tui, Oia e O Rosal beneficiaranse do programa de seguridade de datos que a Deputación presentou ao Ministerio para as Administración Públicas

.
0 comentarios

Un total de 27 concellos, practicamente a metade dos da provincia, beneficiaranse dun programa de seguridade de datos, denominado Securdata, presentado pola Deputación ao Ministerio para as Administracións Públicas (MAP).
O plan que ten un custo de 1.350.000 euros, pretende aumentar a seguridade da información que manexan os concellos coa implantación de medidas organizativas e técnicas que garantan a autenticidade, confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e conservación da información nas aplicacións utilizadas para o exercicio das súas funcións.
Nunha primeira fase, o plan da Deputación chegaría aos concellos de Arbo, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Crecente, A Estrada, Gondomar, O Grove, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Oia, Ponte Caldelas, Ponteareas, Ribadumia, O Rosal, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vilagarcía, Vila de Cruces e Vilanova.
O orzamento da primeira fase, que se realizará durante o ano 2008, elévase a 607.500 euros, dos que a Deputación solicita ao MAP o 50%.

Vía > InfoRosal